16 de marzo de 2019
16.03.2019

O programa 'Aquí Galicia' prepárase para vivir a Noite das Pepitas en Ferrol

O espazo da TVG amosará en que consiste a festa, que se celebra a véspera de San Xosé

16.03.2019 | 01:53

O Aquí Galicia será partícipe hoxe en Ferrol da celebración previa á Noite das Pepitas, que cada ano ten lugar na véspera do san Xosé. Nesta festa, en que se homenaxea as mulleres, os ferroláns, ataviados con capas, percorren as rúas con diversos instrumentos musicais. O programa fará un percorrido pola tradición deste evento, con máis de 120 anos de traxectoria, desde os seus inicios ata a actualidade, apoiado por imaxes antigas que achegarán a súa esencia histórica. Unha tradición que se mantén viva, amais, na vila veciña de Mugardos, onde celebran un concurso de adornos de balcóns, que tamén se amosará no transcurso do espazo.

Un dos elementos principais desta festa é a música, presente en todo momento tanto no festival como polas rúas, cando os homes roldan as mulleres baixo os balcóns, en formacións de rondallas. Hoxe, os espectadores coñecerán máis sobre estas agrupacións, os seus traxes e os seus costumes.

Nesta edición, que presentan Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes desde a praza da Constitución da cidade, amosarase como é a vida no porto ferrolán e a súa frenética actividade, investigarase cal é a rúa máis cara e a máis barata, descubrirase onde se pode ir de viños e a tomar as mellores tapas e visitarase o arsenal militar.

No apartado gastronómico degustaranse algúns doces típicos ferroláns, entre os que destaca o bico das Pepitas, a larpeirada máis representativa destas datas na cidade departamental.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.