28 de marzo de 2019
28.03.2019

A escritora e xornalista Ana Romaní ingresará na RAG o vindeiro 6 de abril

Ocupará a vacante após do falecemento do seu "referente" Xohana Torres

27.03.2019 | 22:33
Ana Romaní.

A escritora e xornalista Ana Romaní será desde o vindeiro 6 de abril académica de número da Real Academia Galega (RAG) despois dun acto que terá lugar no Teatro Coliseo Noela de Noia (A Coruña) ás 12.00 horas. Segundo informou a RAG nun comunicado, a poeta ocupará o sitio vacante após o falecemento de Xohana Torres, "un dos seus referentes literarios" .

Romaní, nacida en Noia en 1962, é considerada unha figura "imprescindible" do xornalismo cultural e da poesía galega actual que uniu ambos os mundos con iniciativas que proxectaron a voz literaria na linguaxe radiofónica coas formas máis contemporáneas desde o Diario Cultural da Radio Galega. Desde ese espazo, entre outras iniciativas, promoveu o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.