A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos no eido do traballo interdisciplinar e a investigación nas bibliotecas escolares. A iniciativa, do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares 2016-20, busca, ademais, incentivar as boas prácticas no ámbito das bibliotecas escolares dos centros de ensino públicos de Galicia, así como fomentar o traballo en equipo.

Os premiados foron os colexios Graxal, Milladoiro, Meaño-As Covas, Alfonso Rodríguez Castelao, Canosa-Rus, O Coto, Prácticas López Ferreiro, Quintela, Enrique Barreiro Piñeiro, Nicolás del Río, Santiago de Oliveira y Leirado; los institutos Aquis Celenis, Franciso Aguiar, Xoán Montes, Valadares y Punta Candieira; y la escuela de idiomas de Lugo.

Para a avaliación dos traballos tívose en conta a orixinalidade, interdisciplinariedade e calidade técnica do traballo; a contribución ao desenvolvemento do currículo e adquisición de competencias clave; a contribución específica a competencia informacional e mediática do alumnado; a participación de alumnado, profesorado e comunidade educativa; o aproveitamento das posibilidades e os recursos da biblioteca escolar; e a integración da biblioteca e outros equipos e programas do centro para facer o proxecto.