14 de enero de 2020
14.01.2020

Intercambio de boas prácticas fóra de Galicia

13.01.2020 | 21:14

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional seleccionou cinco centros escolares galegos que participarán nun intercambio de boas prácticas educativas fóra de Galicia (Asturias, Castela e León e A Rioxa) a través do programa de innovación educativa Observa_Acción: Innovación docente dende a observación e o intercambio entre iguais.

A iniciativa ten como finalidade fomentar o desenvolvemento nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais. Na modalidade Innova_Acción o centro seleccionado é o CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía), mentres que na modalidade Dixitaliza_Acción os centros participantes serán o CEIP Plurilingüe da Espiñeira- Aldán (Cangas) e o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra). Na modalidade Comunica_Acción seleccionouse o CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso) e o IES A Basella (Vilanova de Arousa).

Os intercambios intercentros e interpares facilitan que os docentes observen de forma directa metodoloxías, distintos enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe, outras formas de relación e comunicación, ou diferentes vías de xestión dos recursos propios e alleos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.

 

Lo último Lo más leído