Síguenos en redes sociales:

Os cantantes de Panorama e París de Noia xuntan as súas voces no programa 'Luar'

Interpretarán unha canción para simbolizar a unión das orquestras ante a crise do sector

Os cantantes de Panorama e París de Noia xuntan as súas voces no programa 'Luar'Tvg

Os artistas galegos dos máis variados estilos son protagonistas esta noite do musical Luar, que como cada venres acode en directo á súa cita cos espectadores da Televisión de Galicia (TVG). Xosé Ramón Gayoso, Patricia F. Santana e Beatriz Serén darán paso sobre o escenario a versátiles artistas como Christian Escuredo, actor e cantante, en cuxa traxectoria destacan os seus últimos papeis principais en aplaudidos musicais, e que esta noite ofrecerá unha versión en galego de Amar polos dous, canción gañadora no Festival de Eurovisión 2017, en homenaxe a Salvador Sobral.

O cantautor Manu Escudero achegará Conmigo vas a contar, un canto de loita e á esperanza, que interpretará a dúo coa tamén cantautora compostelá Yadhira. Entre o elenco artístico tamén haberá bandas novas, coma Verto, grupo pop compostelán formado por Alberto Mira e Fernando Peleteiro, que achegará diversión co seu novo tema Sempre igual, e as inigualables composicións tradicionais galegas que ofrecen nas súas actuacións Os Carunchos. Ademais, os cantantes Lito, da Panorama, e Blas, da París de Noia, en representación das orquestras máis populares, amosarán a peza Fuerte tienes que empujar, canción coa que queren simbolizar a unión destas formacións para superar os difíciles momentos que atravesa o sector.

Pulsa para ver más contenido para ti