Síguenos en redes sociales:

Unha rede de apoio educativo con 32 colexios como coordinadores

Unha rede de apoio educativo con 32 colexios como coordinadores

Os centros educativos galegos contan desde este curso cunha nova ferramenta de apoio, para o seguimento e axuda ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar. Trátase da Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia que quedou constituída nunha xuntanza presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na que participaron coordinadores e equipos directivos dos 32 centros que exercen de dinamizadores nas súas respectivas áreas.

A rede conta con 32 novos docentes, un por cada centro coordinador, para atender as necesidades de reforzo do alumnado doutras tantas zonas, tendo en conta a singularidade do alumnado do rural. Cada un destes docentes é responsable dunha Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar.

A Xunta destina un orzamento de máis de sete millóns á posta en marcha desta iniciativa específica que se enmarca dentro do Plan Recupera para blindar a calidade do sistema educativo e evitar que ninguén se quede atrás, sobre todo tendo en conta o contexto de pandemia vivido.

No caso da Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia, a súa tarefa céntrase en desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado más vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colaborar coas familias e a contorna.

A rede está integrada por 32 centros públicos de Infantil, Primaria e Secundaria que exerce de coordinadores para o resto dos centros educativos da súa área xeográfica de influencia. Ademais, co fin de atender á área xeográfica que lle corresponda e favorecer a mobilidade e o desprazamento dos profesionais, en cada un destes centros constituirase unha unidade de Acompañamento e Orientación persoal atendida por unha persoa coordinadora do grupo dos 32 docentes novos que se incorporan.

Pulsa para ver más contenido para ti