O título xa non deixa lugar a dúbidas. Juana de Vega.A muller que desafiou o seu tempo retrata a unha adiantada á súa época (A Coruña 1805-1872), da man de Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Publicado por Editorial Galaxia, o libro presentarase este xoves ás 19.30 horas na Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña.

Coas autoras estarán Enrique Sáez Ponte (Fundación Juana de Vega), a crítica Inma Otero, e Marcos Calveiro (director de Edicións de Editorial Galaxia). Xa o limiar avanza que “todas as aventuras,, e as de Juana de Vega, están unidas a desventuras... sen desventura non hai verdadeira aventura”. Participou activamente na vida pública, cando estaba prohibida para as mulleres. Escritora de espíritu liberal, Juana de Vega adicaría os seus anos aos máis necesitados.