Miles de persoas viviron o lanzamento do anuncio de Gadis en primicia xunto con Casas de Galicia de todo o planeta

O lanzamento da película realizouse a escala internacional.

As Casas de Galicia de Estados Unidos, Venezuela, Arxentina, Uruguai... foron testemuñas privilexiadas da estrea do spot, o número 16 da famosa saga de Supermercados Gadis.

Baixo o lema "Saquemos a bailar o futuro", nunha clara homenaxe á emigración e a todas e todos os que en tempos complicados loitaron por saíren adiante lonxe da súa terra, é un himno ao optimismo e á esperanza onde o baile se transforma nunha fermosa metáfora visual que nos fai soñar e crer que un mundo mellor cheo de cousas boas, si é posible. Porque ao futuro hai que sacalo a bailar!