Un total de 3.706 alumnos que realiza formación práctica en centros de traballo ou que cursa a modalidade de FP Dual neste ano 2022 benefíciase das axudas económicas ao desprazamento das que otorga a Xunta.

A finalidade desta acción é compensarlles parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das devanditas actividades formativas que se poden desenvolver en empresa da comunidade autónoma ou do resto de España e mesmo noutros países de dentro ou fóra da Unión Europea.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un orzamento total de 800.000 euros a esta acción que leva desenvolvendo desde hai anos e que, na liña do establecido na Estratexia FP Galicia 2030, afonda na mellora das competencias a través dunha formación práctica ao tempo que favorece a mobilidade nacional e internacional das persoas que desexan formarse ou contribuír a actividades de formación noutros países, o que permite a mellora das competencias lingüísticas e profesionais.

Hai dúas modalidades de axuda: para os que realicen a formación dentro do territorio español e para os que o fagan fóra do territorio español. A coantía varía, pero os estudantes poden recibir desde 120 a 375 euros, aínda que os que están no estranxeiro teñen axudas adicionais. Tamén hai diferenzas segundo do número de xornadas realizadas no módulo de formación ou, no caso da FP Dual, do número de xornadas de permanencia na empresa.