‘Abonda con vivir’, último libro que lanza Xerais sobre a biografía de Luísa Villalta
Obra de Montse Dopico, únese ás de María Canosa, Elí Ríos, Beatriz Maceda e Xurxo Souto sobre a homenaxeada do próximo 17 de maio
REDACCIÓN
Luísa Villalta, poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano, centra a temática de catro libros publicados por Xerais. Dende o pasado mes de decembro están xa nas librarías os títulos Luísa Villalta. Melodía de palabras e Luísa Villalta. Alma de violino, pensados para que os máis pequenos coñezan a súa obra.
No primeiro, María Canosa relata a biografía da poeta coruñesa para chegar ao público máis novo, xa que está dirixido a nenos e nenas a partir dos 11 anos. Publícase na colección Merlín e inclúe imaxes da poeta e violinista.
No segundo, Eli Ríos, Beatriz Maceda e a ilustradora Laura Suárez uniron o seu traballo para crear un álbum ilustrado co que descubrir a Luísa Villalta a partir das palabras. Partindo de termos que definen a poeta, achega algunhas claves para coñecer a súa traxectoria como música e poeta comprometida.
Xa en xaneiro publicouse Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta, de Xurxo Souto, que explica o vínculo entre a poesía e a música a partir da formulación da propia homenaxeada. Por último, dende hoxe estará á venda Abonda con vivir, unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva e que asina a xornalista Montse Dopico. Trátase dunha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta.
- Aprobado el nuevo tamaño de las maletas de mano: queda poco para que podamos viajar así
- Poner una hoja de laurel debajo de la almohada: la solución que cada vez hace más gente (y con razón)
- La bodega de toda la vida: los clientes de siempre regresan a O Carreteiro
- Ofensiva del Estado contra la Xunta: en una semana pone en duda la validez de cinco normas
- El superalimento que recomiendan cenar tres veces por semana para perder peso y grasa abdominal
- Tres frutas que mejoran tu sueño y te permiten descansar ocho horas del tirón
- Cómo hacer una tarta de queso Philadelphia para toda la familia: sin horno, rápida, deliciosa y con pocos ingredientes
- Estas son las razones por las que deberías evitar tomar sardinas en lata