Teófilo Edicións reúne nunha edición as tres grandes obras de Rosalía de Castro

REDACCIÓN

O vindeiro venres, 23 de febrero, celébrase o 187 aniversario do nacemento da poetisa galega máis universal, Rosalía de Castro. Desde Teófilo edicións acaba de saír do prelo a 3ª edición do proxecto Rosalía de Castro, unha galega para un pobo, unha terra e unha fala.

Reúnese nun estoxo, cunha coidada edición, as 3 obras poéticas máis importantes da autora: En las orillas del Sar, Cantares Gallegos e Follas Novas, ademais dunha biografía.

“Unha vez máis desde Teófilo Edicións queremos poñer en valor o noso e aos nosos, facendo esta homenaxe á poeta galega, e celebralo achegándonos a súa vida e a súa obra”, din dende Teófilo.