Expocoruña organiza hoxe mércores 25 unha mesa redonda entre xornalistas e relatores de b-web como antesala á segunda edición de b-web que terá lugar os días 2 e 3 de xuño.

Entre todos, analizarán, debaterán e intentarán dar resposta ás cuestións como "¿cara onde nos diriximos?" no marco tecnolóxico e comunicativo da actualidade, coa aparición das redes sociais, os novos media....

As xornadas centraranse na evolución do sector da comunicación, e a súa capacidade de cambio. Observarase como os novos social media son capaces de mobilizar a miles de cidadáns, de xerar crise na reputación das empresas ou variar a forma de levar a cabo unha campaña de publicidade a través de 140 caracteres.