09 de marzo de 2019
09.03.2019

Lucas Vázquez, o 'expreso de Curtis', este domingo en 'Hoxe con Manquiña'

O equipo do programa desprázase ata a capital nacional para coñecer ao galego que xoga nas filas do Real Madrid

09.03.2019 | 01:12

O xogador galego do Real Madrid Lucas Vázquez, o expreso de Curtis, será o protagonista da nova entrega do programa da Televisión de Galicia (TVG) Hoxe con Manquiña, o domingo ás 00.10 horas, informou a produtora Ézaro Films.

O equipo de Hoxe con Manquiña desprázase ata Madrid para coñecer a un dos poucos galegos que xogou no Real Madrid xunto a figuras como Cristiano Ronaldo, Sergio Ramos ou Benzema. Falamos de Lucas Vázquez, máis coñecido como o expreso de Curtis, pola súa velocidade, potencia, constancia e sacrificio.

Nado en Curtis e formado na canteira do Real Madrid o convidado deste domingo soñaba dende pequeno con vivir do balón, poder chegar a ser un deses deportistas que admiraba na televisión, meter grandes goles e provocar ocasións nos momentos cumbres da historia do clube máis importante do século XX. E así foi, gañador de varios mundialitos, Champions League e unha Liga. Durante o programa visitaremos a Cidade do Real Madrid en Valdebebas, lugar onde adestran os xogadores do Real Madrid, e coñeceremos de primeira man a faciana máis persoal deste futbolista que segue a conquistar títulos constituíndo todo un referente do fútbol español. A entrevista chega nunha semana complicada para o Real Madrid, que ven de perder as súas posibilidades nas tres competicions principais, Liga Santander, Copa do Rei e Champions League.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook