Carmen Villar presenta poemario en Berbiriana
A xornalista e poetisa Carmen Villar presentou onte na libraría coruñesa Berbiriana, acompañada polos escritores Héctor Carajaville e Eva Teixeiro, o seu primeiro poemario en solitario, Os mil e un días, que recopila as obras que publicou durante tres anos en redes sociais. Cada un dos poemas está acompañado por unha imaxe.