A actriz María Vázquez será pregoeira da 49ª edición da Festa do Queixo de Arzúa

A galega está nominada aos Premios Goya como mellor protagonista feminina por ‘Matria’

A actriz María Vázquez.  |  // XOÁN ÁLVAREZ

A actriz María Vázquez. | // XOÁN ÁLVAREZ / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A actriz María Vázquez, nominada aos Premios Goya como mellor protagonista feminina por Matria, será a pregoeira da 49ª edición da Festa do Queixo de Arzúa o sábado 2 de marzo ás 11.45 horas no campo da feira da localidade.

María conta cunha exitosa carreira, tanto cinematográfica como televisiva e teatral. É a segunda vez que está nominada aos Premios Goya, tras Mataharis, ademais de ter levado outros moitos premios, como o Ojo Crítico de RNE, e o Mestre Mateo por O club da calceta, aos que tamén está nominada este ano. A actriz galega iniciou a súa andaina no mundo da interpretación en series como Al salir de clase, Compañeros ou Raquel busca su sitio. Logrou facerse un oco en producións como Fíos ou Padre Casares emitidas na TVG, ou outras como Ana y los siete ou Hospital central. Interveu en películas como Silencio roto, Deseo, El año de la garrapata, A golpes, Mataharis, 18 comidas ou as galegas A Mariñeira e O club da calceta.