Presentación do primeiro poemario da pintora Carmen Torreiro en Oleiros

O enfrontamento á angustia pola enfermidade mental dun ser querido e o sufrimento despois coa súa morte, inspiraron o primeiro poemario da pintora oleirense Carmen Torreiro. A poesía coma catarse e acompañamento para a autora, pero tamén como axuda para moitos lectores e lectoras que poidan estar nunha situación semellante.Aprendendo a vivir na túa ausencia é o título da obra que edita Medulia e que se presentou onte en As Torres de Santa Cruz.

O poemario, xa á venda nas librarías, supón unha conversa co fillo falecido e reflexa a evolución do duelo dunha nai, nunha lírica que conmove e deixa de manifesto a valentía da autora por amosar todo o abano de sentimentos que xorden dunha experiencia tan traumática e que a ela lle fixo entrar nunha depresión da que saiu pouco a pouco. Torreiro, ademáis de pintora, foi mestra en varias localidades e profesora en Francia. Tamén é gravadora, ceramista, canta e fai teatro.

Este poemario completaráse dentro de pouco cunha exposición de pintura, das ilustracións que a autora fixo para acompañar os poemas do libro, ademais de outras, que se exhibirán no museo Casares Quiroga de A Coruña o ano que vén.