O acontecido nas últimas datas no seo da igrexa, e refírome á saída do armario de relixiosos felizmente namorados, puidera pasar por política porque sen deixar de selo -é investir no futuro- significa a vitoria da naturalidade. En verdade pode unha mente retorta cubicar que todo obedece a unha manobra dunha empresa á que non lle entra unha alma pola porta. De ser así, poñámonos no caso, estaría o Vaticano no bo camiño. E outrosí os que sinalan a unha verdadeira revolución habería que retrucarlles: si e non. Non se trata de renunciar aos intereses terrenais -non o van facer- pero si ao inferno doméstico. Ocórreseme que aqueles fregueses integristas que concebían o ceo como un cerrado ou unha coutada non saen da sorpresa anque o Santo Padre lles reitere que o ceo non era iso; e ao final fica a pregunta: Quen pode requirir dun home que non sexa un home, que non se realice plenamente? Que deus querería para os fillos o que o Padre pasou? Señores, os camiños do señor son inescrutables e para chegar ao ceo toca hoxe entrar polo inferno. Alí embaixo, hai un mundo de anos, -a eternidade é un segundo- entrara un poeta tras o seu mentor e viu que mentres algúns ardían no lume outros estaban na gloria.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.