A semana pasada fíxose en Madrid unha xuntanza, en teoría para mellorar a coordinación dos tres aeroportos galegos. Como era de agardar, foi unha perda de tempo, xa que cada quen tira para o seu lado. Por certo, estrañoume que asistiran os alcaldes da Coruña e Santiago, pois como alcaldes progresistas deberían ter un punto de vista máis amplo sobre este tema, xa que se o reducimos a un tema localista, como fai o alcalde de Vigo, así nos vai.

En primeiro lugar, non se debería celebrar en Madrid, pois é un tema que concirne só a Galicia e as anteriores reunións xa se celebraran aquí. En segundo lugar, esa coordinación non é un problema exclusivo das cidades: Santiago, Vigo e A Coruña e dos seus alcaldes, senón que é un problema que afecta a todos os galegos, incluso a algúns aínda máis, como poden ser os que viven nos Concellos de Lugo ou Ferrol e na inmensa maioría dos pobos e vilas de Galicia, que non teñen a sorte de dispor xa dun seudoAVE, que supón unha vantaxe para o transporte das persoas que viven nas cidades con aeroporto.

A Xunta é a única responsable deste desaguisado, é a que ten que por en marcha os mecanismos de coordinación, igual que é a única responsable da ordenación do territorio. O que tería que facer é solicitar as competencias aeroportuarias, e mentres dependan de Fomento, presentarlle un plan a este ministerio, fundamentalmente técnico, que fose beneficiario para toda Galicia. Nese plan non cabe outra solución que facer de Lavacolla un grande aeroporto, porque está ben situado para todos os galegos e pode competir con Oporto, incluso atraendo viaxeiros do oeste asturiano, do Bierzo e do norte de Portugal, para iso teñen que centralizarse e incrementarse os voos internacionais e a maioría dos voos nacionais. Os outros aeroportos, como xa están feitos, e que veremos si se manteñen coa competencia do tren de velocidade alta, poden especializarse en mercadorías ou algún voo doméstico, como xa se fai en Euskadi e noutras rexións. Os vigueses e coruñeses deben saber que o problema non é ir a Santiago, o problema é que para a maioría dos viaxes hai que ir a Madrid ou Barcelona, co gasto e perda de tempo que isto supón. O que tiñan é que reclamar un mellor acceso a Lavacolla tanto por tren como por estrada.

Tamén tíñanse que prohibir por lei as subvencións dos Concellos ás compañías aéreas, pois estes organismos teñen necesidades de todo tipo, sobre todo sociais que son moito máis urxentes, e si queren promocionar a nivel turístico os seus concellos, teñen moitas outras formas de facelo.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.