Cartas de los lectores

Os intereses colonialistas

18.12.2015 | 00:57

Os últimos atentados acontecidos en París (condenables fagan quen os fagan), deron para correr mares de tinta: condenas televisivas, radiadas, todo tipo de verborreas e Marsellesas incluidas.

Agora ben, dicen que todas as cousas teñen o seu porqué.E dicir, buscar os motivos que conduxeron a esa barbarie porque a desgraza de toda a guerra a pagan sempre os máis febles. Os que nin fan as guerras nin as provocan nin interveñen nelas nin sacan nengún beneficio nin interveñen en asuntos políticos.

Nunha recente carta dirixida a este diario dos da Taberna do Croio en Sada dicían que Francia aplicara a lei do Talión si ben din tamén que todo son intereses petrolíferos -no cal estamos dacordo-, pois ben , eu pensó que é xustamente o contrario. Se non, vexamos:

Como todos sabemos, Francia leva bombardeando Siria moito tempo defendendo os intereses da multinacional Total que é francesa como todos xa sabemos. Curiosamente nunca se falou dos mortos ocasionados por ditos bombardeos. Cantas crianzas, mulleres, anciáns mataron as bombas dos demócratas? Nunca se dixo, non sí? Do sufrimento desta xente nunca se falou. É curioso. E reitero que non estou a xustificar os atentados da metrópoli. Todo isto lémbrame aquel ministro do Interior do goberno da ditadura que, cando a policía mataba a un paisano por erro dicía: los nuestros son errores, lo de ellos son crímenes. Algo disto está á acontecer agora. Se non, vexamos o último erro dos ianquis en Afganistán que por erro deron en bombardear un hospital. Endexamáis dirán cantos morreron. A hipocresía non ten límites no mundo dos ricos.

Esto está a acontecer debido ás políticas colonialistas francesas. A última mostra en Malí hai uns días. Alí os paisanos de Robespierre levan tempo explotándolles as minas de ouro. Claro, disto tampouco se fala. Así que menos romances baratos. Polo tanto, señores do Croio Sadense, non pensan que é xustamente ó revés? Así pasou con Arxelia, conflicto que tamén tivo as súas consecuencias.

Hai outro feito que seguramente vostedes descoñecen: Dende hai tempo Francia temía un atentado. Remítolles ó diario de maior tirada de arriba dos Pirineos: Le Monde Diplomatique o cal leva xa moito tempo advirtindo dos bombardeos que se están a facer. Velaí os motivos da fuxida da poboación civil cara a Europa. E resulta que agora a mesma Europa dalles as costas i ata lles poñen alambradas. Diranos algún día canta xente morrerá de frío e fame? Por outra banda dito diario leva tempo criticando tamén a política colonialista de Hollande e cía. A conclusión de todo isto señores do Croio e que o que sembra tormentas xa sabe o que se expón a recoller. Non creen?

Estoulles máis dacordo co seu veciño Xosé Farruco nunha carta a este mismo diario fai uns días sobor do tema dos motivos relixiosos (sobre eses motivos neste país temos moito que calar). Que casualidade que as acciós dos fabricantes de armas subiron como a escuma. Así que menos hipocresía noxenta.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine