Cartas de los lectores

O pasado dez de marzo, día da clase obreira galega. Amador, Daniel, a loita continúa

24.03.2016 | 01:03

Amador Rey e Daniel Niebla foron asasinados un dez de marzo de 1972; eles como outros moitos traballadores do estaleiro manifestábanse ese día pola defensa da súa dignidade, dos seus dereitos, defendían o seu presente e o futuro dos seus fillos. Amador e Daniel xunto a outros moitos traballadores en plena ditadura fascista enfrontaron o medo, estiveron dispostos a dalo todo, ata a vida por un obxectivo común, esta foi unha gran demostración de valor, pero sobre todo de conciencia de clase, eles sabían o que hoxe esquecemos, que as traballadoras e traballadores xuntos somos invencibles.

Amador e Daniel son algo máis que un símbolo, son exemplo, son camiño, son presente e futuro de loita capaz de mudalo todo. Amador e Daniel non morreron, sobreviviron por sempre aos seus asasinos na memoria colectiva de todo un pobo, eles son xa parte da Galiza, son clase obreira, son terra, son vida. Amador e Daniel son exemplo consecuente do camiño a seguir, son vitoria.

O dez de marzo non foi un funeral, e tampouco unha conmemoración, o dez de marzo foi camiño, exemplo; o dez de marzo foi futuro, o dez de marzo foi o día da clase obreira galega.

Grazas Amador, grazas Daniel, o voso sacrificio non pode ser en vano, seguiremos o camiño marcado polas gotas da sangue obreira derramada por covardes.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.es). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine