Cada vez que escoito falar a Christine Lagarde, a directora Xerente do Fondo Monetario Internacional, sento verdadeiro pánico e é que esta rapazola sempre dá os mesmos consellos a pesar, segundo as súas propias palabras, de que España deixou de ser un risco para a economía. E logo das tres reformas laborais en só seis anos, di que os españois temos que volver apertarnos o cinto, é dicir, España debe aplicar outra reforma laboral (máis recortes). Está claro que a política do FMI segue sendo a mesma, para non mudar, masacrar á clase traballadora e favorecer ás grandes multinacionais. Eu pregúntome como se pode esixir aínda máis recortes e sacrificios aos traballadores/as, que cuns salarios de miseria non chegan a fin de mes, na maioría dos casos, e que o actual Goberno diga que o peor da crise xa quedou atrás. É obvio que a clase política vive noutro "mundo" e non ten escrúpulos nin vergoña para facer este tipo de declaracións e ao mesmo tempo dicir que a Reforma Laboral é un éxito. O FMI pide a España limitar a subida das pensións ao 0,25% durante os próximos catro anos, como mínimo, e que se completen con plans privados. Con esta medida os pensionistas perderán como mínimo un 8% de poder adquisitivo. Mentres, os salarios son de miseria, os contratos nun 90% temporais e por horas, xa remata o verán, as cifras do paro das que tanto presumía este Goberno, que cada día que pasa sáltalle un novo caso de corrupción, serán un desastre e posiblemente volveremos outra vez ao mesmo punto de saída. E é que isto non haberá forma de disimulalo, aínda que se fagan miles de microcontratos; e iso da herdanza recibida xa non cola.

Pois nada a ver con que tema desvían a atención dos españois/as, algo buscarán, como sempre iso seguro, entre a liga de Fútbol, a maior droga social do mundo) e que si Cataluña quere ser independente e bla bla bla. Mentres se fala da Independencia non se fala dos amigotes da trama de 3 % e os Puyoles rinse da CUP, que de antisistema ten tanto xa como os socios e é que non todo vale, as enquisas desde logo para as próximas eleccións en Cataluña non din nada bo para este grupo... caída en picado. Sexa como sexa avecíñanse moi malos tempos para todos e máis para os pobres, aos que agora hai que sumar a, antes chamada "clase media". E é que a Sra. Lagarde di que, o maior problema é que a xente vive moito tempo, así que, como dicimos na miña terra, hai que ir morrendo, Sra. Lagarde.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.