A figura de Cesária Évora representa no seu país á gran embaixadora cultural da súa terra polo mundo adiante, logo de ser quen de triunfar internacionalmente na música e ofrecer concertos en moitos lugares. A morte da chamada diva dos pés descalços, acontecida a finais do ano pasado, supuxo un duro golpe para os caboverdianos.

Entre as homenaxes recibidas dende aquela data, as autoridades nacionais decidiron pór o nome da popular artista ao aeroporto internacional de Mindelo. Para celebrar este bautismo foi colocada unha estatua de tres metros de altura da cantante na entrada principal do edificio.