Loito no mundo da Cultura de Galicia

Falece o escritor Xosé Neira Vilas aos 87 anos na súa casa de Gres

►O autor de Memorias dun neno labrego, o primeiro "best seller" galego e un gran axitador de conciencias, morreu na súa casa cruceña de Gres ► O mundo da cultura vela os seus restos mortais no Panteón de Galegos Ilustres ►O enterro terá lugar mañá, as 17:30 horas, en Vila de Cruces

27.11.2015 | 21:38
Falece o escritor Xosé Neira Vilas aos 87 anos na súa casa de Gres

O escritor cruceño Xosé Neira Vilas faleceu esta mañá na súa vivenda de Gres. O autor de "Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome.

Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" gallego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.


Velatorio de Neira Vilas no Panteón de Galegos Ilustres. // Xoán Álvarez.

Tras a homenaxe póstuma de esta tarde, no Panteón de Galegos Ilustres, onde o mundo da política e da cultura vela os seus restos mortais, o enterro terá lugar mañá ás 17:30 horas na súa parroquia de Gres (Vila de Cruces), onde o Concello declarou dous días de loito oficial.


Perfil

Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2014

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Enlaces recomendados: Premios Cine