Manuel María Fernández Teixeiro é hoxe o protagonista do Día das Letras Galegas Manuel María Fernández TeixeiroDía das Letras Galegas por mor dunha ampla carreira na que se converteu nun home clave para entender a Galicia actual, sendo unha das persoas máis influentes na política e a cultura da comunidade na segunda metade do século XX.

Manuel María naceu o 6 de outubro de 1929 na localidade lucense de Outeiro de Rei -onde hoxe se celebrará o acto central das Letras GalegasOuteiro de ReiLetras Galegas- no seo dunha familia acomodada de campesiños, aínda que se trasladou a Lugo con trece anos para estudar e fíxose procurador de tribunais. A súa carreira literaria arrincou en Lugo e, agás uns versos xuvenís, a súa extensa obra está escrita en galego desde o seu primeiro libro de poemas Muiñeiro de brétemas, que publicou en 1950.

Xunto á súa esposa, Saleta Goi, formou unha "parella de exemplar militancia política e cultural", segundo explicaron Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Fina Casalderrey, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Luís Regueira e Manuel Rivas, os académicos da RAG que avalaron a súa candidatura elixida o pasado 4 de xullo de 2015. Ela rexentou a librería Xistral antes do traslado de ambos á cidade da Coruña, xa como xubilados, onde él faleceu en 2004.

Manuel María cultivou a poesía, o teatro, a narrativa, o ensaio, a conferencia e o xornalismo literario nun centenar de obras que agora serán revisadas e actualizadas pola homenaxe que recibe hoxe. Pero o seu compromiso non só foi coa cultura, senón que tamén se achegou ao panorama político galego con militancia en opcións nacionalistas de esquerdas que chegaron ata un posto de concelleiro en Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego en 1979, nunha militancia política que non abandoaría. Deixou o cargo en 1985, pero seguiu implicado en diversas causas ata o final dos seus días.

Brilou de maneira especial, segundo destacan os seus avalistas, no mundo da poesía cunha obra multiforme que vai dende o máis intimista e persoal á musa cívica e nacional, do verso libre ao soneto, das coplas e romances ao gusto popular, e ata ás formas máis vangardistas. Libros como Terra Chá hoxe están de actualidade e a súa lectura habitual fai que se volvan a editar mentres aumenta a popularidade deste autor.

O seu papel na normalización lingüística destaca, pois sempre estivo presente nos centros escolares e alí continúa, aínda que a través das súas obras, un dos motivos que levou á Real Academia Galega (RAG) a decantarse pola súa figura para as Letras Galegas.

Actividades pedagóxicas, como o teatro escolar, e a súa chegada ao mundo da canción serviron para popularizar a este peculiar escritor ao que definen como un "xigante" da literatura. É un dos autores galegos de cuxos poemas naceron máis cancións e innumerables artistas e grupos atoparon nel non soamente ao escritor do que podían conseguir letras, senón ao amigo e axudante que non tiña maior problema en acceder a poemas por encargo. O éxito popular da súa homenaxe está garantido porque Manuel María Fernández Teixeiro é coñecido entre maiores e menores en Galicia dentro e fóra do mundo académico.