O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, afirmou que Manuel María "é un referente na promoción e a protección da lingua galega". Lorenzo subliña que o protagonista desta xornada "sempre foi un defensor da lingua galega", unha faceta que se destacou durante todo este ano no que se sucederon os actos na súa honra. "Pelexou e loitou pola normalización do idioma, pola súa extensión social, pola súa institucionalización e polo seu recoñecemento legal nas épocas en que non existía. Antes do Estatuto e da Lei de Normalización Lingüística", abunda o secretario xeral de Cultura.