Xosé Ramón Quintana Garrido | Autor de ‘Un longo e tortuoso camiño: adaptación, crise e cambio no BNG 1971-2009’

“Pontón é o principal activo do BNG e debe seguir”

“A UPG aprendeu para deixar que o sector más pragmático desenvolva o seu discurso”

Quintana Garrido.   | // IÑAKI OSORIO

Quintana Garrido. | // IÑAKI OSORIO / DAniel Domínguez

DAniel Domínguez

Xosé Ramón Quintana Garrido é historiador e un dos maiores expertos ena traxectoria do BNG. A súa obra Un longo e tortuoso camiño: adaptación, crise e cambio no BNG 1971-2009 obtivo o premio Ramón Piñeiro de ensaio

.

É un éxito ou un fracaso o resultado do BNG logo das expectativas xeradas sobre a oportunidade real de lograr por primeira vez a Presidencia da Xunta?

Obxectivamente é un éxito, aínda que non se conseguise a Presidencia da Xunta. En pouco tempo e baixo o liderado de Ana Pontón, o BNG acadou uns grandes resultados nunca antes obtidos. Outra cousa é que no fragor da campaña, e coas enquisas a favor, se xerasen unhas expectativas desmesuradas que, en calquera caso, non van supoñer unha conmoción interna como a que sufrira cando o fracaso electoral do bipartito e a subseguinte crise organizativa. Nesta ocasión, foi o polo socialista do posible goberno alternativo o que fracasou. Hoxe o BNG é unha organización estable e consolidada que, suponse, soubo aprender de erros pasados.

Parece que o BNG debería ensanchar máis o electorado dulcificando a súa mensaxe. Deixaralle a UPG a Pontón?

Pontón é, por moitos motivos, o principal activo do BNG e goza dunha gran lexitimidade interna e externa. O seu capital político, social e simbólico é enorme. Foi quen de asumir o liderado dunha organización en declive e superar unha complicada travesía do deserto en poucos anos. O seu discurso amosouse exitoso pola súa gran capacidade de interpelación transversal á cidadanía. Non se trataría tanto de “dulcificar” a mensaxe como de modular intelixente e pragmaticamente os dous eixes: o social e o identitario. Neste sentido, é de supoñer que o sector máis tradicional da UPG, o que chamariamos a “vella garda”, tamén aprendeu o suficiente como para non poñer grandes inconvintes e deixar que o sector máis pragmático e aperturista, que lidera Pontón, desenvolva a súa estratexia e discurso.

Seguirá Pontón como portavoz e repetirá no 2028? Cre que xa está queimada logo de tres intentos?

En absoluto está queimada. Debería seguir como portavoz e repetir como cabeza de lista nas seguintes eleccións autonómicas. Agás que se instale, como no pasado, unha tendenza purista e suicida dentro do nacionalismo que tire pola borda todo o capital político acumulado. Non ha ser o caso, coido.

Suscríbete para seguir leyendo