Entrou no Concello de Oleiros con 26 anos, xa cumpliu 63 e os veciños acaban de darlle a victoria máis abrumadora da historia deste partido independente que preside, polo que parece que hai Gelo para rato.

-Como dixire semellante resultado, ter 14 de 21 concelleiros, o mellor resultado da comarca?

-Foi unha victoria aplastante, non hai palabras para expresalo.

-Vostede nunca quixo dicir canto esperaba conseguir pero o seu entorno esperaba chegar aos 13 concelleiros e superaron as expectativas.

-Si, eles apostaban por iso pero eu nunca o dixen, pero si, tivemos un resultado por riba das nosas expectativas. Se son sinceiro teño que dicir que eu o esperaba, apostara por 14, e acertei a quiniela de 14. E gañei once ceas que lle tiña apostadas a varios.

-É a maior victoria de Alternativa dos Veciños.

-O mellor resultado en 36 anos de Alternativa. E logo dicían que eu non tiña ideas. Fáltanlle ideas aos demais. Hai xente que non comulga coa miña forma de pensar pero respetan, cada un pensa á súa maneira pero sendo eu de esquerdas hai persoas de dereitas que son democráticas, respetuosas, e que nos deron o seu apoio, persoas cultas e intelixentes. Para min foi unha satisfacción persoal que me vote un espectro tan variado, xente de dereita e de esquerda, e que Alternativa teña o 60% dos votos, que o 60% dos votantes votase a favor das políticas que fai o noso partido.

-O PSOE e o BNG tiveron practicamente o mesmo resultado así que os tres concelleiros a maiores llos sacou ao PP.

-PSOE e BNG teñen votos fixos e a nós votounos a dereita culta. Respecto ao PP, puxeron a unha candidata porque era diputada nacional, pero os da dereita xa a coñecían e moitos non foron votar.

-Da por seguro o diputado?

-Si, porque ao sacar concelleiros noutro concello, si que se suman todos os votos e temos 14.000, aínda que o PP agora ande impugnando mesas. Agradezo o esforzo dos candidatos de Alternativa nos outros concellos, conseguimos o obxectivo, poder decidir na Diputación e que a Oleiros lle den o que lle pertence.

-Xa ten pensado quen irá para a Deputación?

-Vai ser unha muller de Alternativa de Oleiros, que xa teño en mente, cubre todas as expectativas. Pero primeiro falarémolo entre nós antes de dicilo.

-Non ten concellerías para tantos concelleiros, 14. Terán todos dedicación exclusiva?

-Non, un xa nada porque irá para a Diputación, pero tampouco pode ser porque a lexislación non permite tantas dedicacións exclusivas.

-Agora con tanta maioría estará catro anos moi cómodo.

-Xa estaba agora con once concelleiros, un goberno estable, agora só teño un colchón de tres máis.

-Que vai facer nesta lexislatura?

-Seguir mellorando onde metemos a pata, loitar por infraestruturas e dar a batalla a outras instancias, como a Xunta.

-Alternativa vai facer algo de cara ás eleccións autonómicas, quere dicir?

-Imos pensar en algo, en apoiar a outras forzas ou así. O obxectivo é sacar ao PP das institucións. Aínda que xa ves, vou chamar ao alcalde de Arteixo e felicitalo, porque non son sectario, fixoo ben, pero non vou permitir que se nos marxine.

-Di que meteu a pata en cousas... en que?

-Se fas moitas cousas, sempre metes a pata non querendo, menudencias. Hai que mellorar moito máis nos servicios, o que paga o veciño.