O diario LA OPINIÓN pídeme que desenvolva neste artigo o Betanzos dos próximos anos, o Betanzos que me gustaría que existise dentro de quince anos. Sempre é difícil falar de retos e obxectivos, máis en política, onde o día a día imponse en moitas ocasións e complica o desenvolvemento de accións futuras. Sen embargo, temos claro hacia onde debe camiñar o Concello e a meta que debe alcanzar nos vindeiros anos.

Para conseguir eses logros, somos conscientes que o primeiro paso era sentar as bases económicas do Concello. Neso comezamos a traballar a reo nos últimos catro anos. A día de hoxe podemos dicir que a situación económica do Concello, sen ser a que nos gustaría que fose, sí garante aos nosos veciños un benestar en canto a servizos públicos e accións sociais e de equipamento que farán situar a Betanzos ao mesmo nivel cos grandes municipios galegos.

Con esa garantía no plano económico, o obxectivo é devolver a Betanzos, nos vindeiros anos, ao seu papel de motor económico das Mariñas. Sen nunca perdelo, si é verdade que a crise dos últimos anos fixo que ese papel decrecera. Pero estamos de volta e debemos aproveitalo.

Para elo, é fundamental contar co Plan Xeral de Ordenación Municipal. Sen lugar a dúbidas, o documento máis importante no que traballamos é fundamental para o proceso de configuración do Betanzos que todos queremos. Dende aí proxectaremos o Betanzos do futuro coa consolidación das áreas urbanas, posibilitando novas construcións e a captación de más empresas e industrias; e novos equipamentos e áreas públicas.

Xunto co PGOM, o outro gran obxectivo debe ser a recuperación do casco histórico, cun primeiro paso centrado agora na actualización do Plan Especial de Protección. Esa figura posibilitará e

incentivará a rehabilitación de

vivendas. O casco histórico ten que ser o motor da nosa cidade,

o polo de atracción turística e, polo tanto, unha das súas bases económicas. E por iso, nos vindeiros anos temos que centrar os esforzos na súa recuperación definitiva, involucrando ao Estado e a Xunta, que deben aportar as axudas necesarias para elo.

Porque de todo elo vai depender tamén a creación ou consolidación de postos de traballo. Temos que conseguir para os vindeiros anos reducir as taxas de desemprego. Proporcionar saída laboral aos nosos mozos e para elo é necesario que á industria, as empresas, o comercio vexan a Betanzos como un municipio puxante, e ao mesmo tempo seguro, para facer as súas inversións.

Xunto con todo esto, o Betanzos que quero e polo que traballo día a día é un Betanzos onde dentro de quince anos os seus mozos teñan os mellores servizos educativos, onde o actual Vales Villamarín siga a ser un centro de referencia pero dotado dos medios e equipamentos necesarios e que levamos anos reclamando.

Un municipio onde os maiores conten cun centro de día, o que significaría que algunha administración coma a Xunta aceptaría a proposta que dende este Concello se lle fixo en varias ocasións para que construísen esa instalación.

Os proxectos plantexados para a mellora das comunicacións en xeral deben concretarse tamén nos vindeiros anos. O papel da autoestrada como vial de referencia libre de peaxe, a conexión da variante da N-VI coa avenida de Castela son algunhas das actuacións pendentes.

Por último, pero non menos importante, Betanzos ten que potenciar o seu día a día cos ríos e a ría. Outro dos seus atractivos, pola súa riqueza natural, promovendo de cara ao futuro accións que potencien a unha maior actividade no noso Porto.

Quero felicitar a LA OPINIÓN polo seu quince aniversario e agradecerlle a súa invitación para participar nesta publicación e pola súa labor diaria para manter informados aos veciños e veciñas de Betanzos de todo o que acontece no seu Concello.

||