Como nos chamamos?

 02:06  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO Se a evolución do proceso de normalización da lingua galega se tivese realizado ao compás de necesidades primordiais que, paulatinamente, se fosen cobrindo, o asunto a que nos imos referir non tería razón de ser, pois pertencería, como cousa básica, ao capítulo de metas volantes xa alcanzadas. Refírome á necesaria corrección da onomástica deturpada, por castelanización forzosa, como lóxico corolario da practicada (e aínda non culminada!) legalmente coa toponimia desde a Lei de Normalización Lingüística, de 1983, lei, por certo, que ten no seu artigo 10 (o referido aos nomes de lugar oficiais) o único artigo prescritivo de verdade. Unha e outra -toponimia e antroponimia- están intimamente relacionadas, pois unha boa parte desta está baseada naquela e unha boa parte daquela ten a ver directamente con propriedades denotativas dos lugares referidos. Querse dicer que os nomes son, en orixe, elocuentes, isto é, nomean significados que remeten a elementos presentes no habitat dos falantes ou que lles resultan funcionais. Tal conexión pode desaparecer co tempo e, así, esas marcas, pasaren a ser só iso, marcas de identificación. Mais non esquezamos a súa orixe. Os exemplos hainos a centos: Outeiro, Devesa, Teixeiro, Laxe, Seixo, Pazos, Castelo, Cerdeira, Carballo? e tantos outros son espello desa relación mencionada.

En artigo recente de Terra e Tempo dixital, o profesor Xosé Ramón Freixeiro, coa súa proverbial lucidez e oportunidade, así o recordaba, para lamentar como a Televisión Galega, que debera ser un grande emisor de normalidade, incorre en híbridos absolutamente desbotábeis, como nomear a "cabo Seijas" unha personaxe dunha serie de ampla audiencia. Por enésima vez, cumprirá recordar como "Seijas" non é a versión castellana do galego Seixas, senón a deformación deste nome galego, forzado a unha grafía e a unha fonética totalmente erradas e que atentan contra a ortografía e a ortofonía correctas. E o mesmo diremos de todas as formas submetidas historicamente a unha castelanización imposta polas autoridades civís, militares e eclesiásticas de obediencia española, pois elas foron as encargadas de elaboraren os censos, rexistos, catastros, cédulas e carnets de identidade e todo tipo de documentos oficiais.

Reparen os amábeis leitores en como os nomes de lugares-apelidos que máis axiña sucumbiron a esta castelanización forzosa foron os que portaban un son (o que escrebemos con "x") inadmisíbel no español porque este idioma non o posúe; estes foron os máis barbaramente forzados. Os igualmente galegos, mais cunha fonética admisíbel no español, tiveron mellor sorte e, así, puderon perdurar con maior fortuna: os Merelas, Abeleira, Ponte, Pereiro, Ferreiro (só por citarmos apelidos familiares neste xornal?). Non así Braxe, castelanizado en "Brage" e, por tanto, necesitado polo escritor que o porta da corrección correspondente. Fixémonos ben: dixen corrección e non galeguización. Cando procedemos a restaurar o apelido na súa forma auténtica e xenuína, non estamos a galeguizar nada: estamos a practicar unha corrección necesaria, un acto de hixiene cívica e gramatical. Unha outra cousa é galeguizar (aquí, si) o nome proprio, operación en virtude da cal, en sendo a nosa vontade, pasamos a chamarnos "Xavier", "Carme", "Anxos" ou "Xosé" en substitución dos "Javier", "Carmen", "Ángeles" ou "José" que nos impuxeron. O nome completo do profesor e investigador citado é ben expresivo do que estamos a diferenciar: o primitivo "José" foi voluntariamente convertido no galego "Xosé"; Freixeiro precisou a corrección desde un oficial e deturpado "Freijeiro"; Mato (igualmente galego, igualmente baseado nun elemento vexetal) non foi agredido, por encaixar na fonética do español, aínda que sexa unha palabra galega e ben galega.

Viciñas e viciños da Coruña que somos: ¿a que Muro das Lamentacións, cal Xeremías, teremos de acudir para que a toponimia e nomenclátor urbano desta cidade se normalicen dunha vez? ¿Cando daremos visto na escrita o nome correcto da Agrela (=agra pequena), non A Grela e, endexamais, "La Grela"? ¿Cando se corrixirán os híbridos "La Zapateira"; "La Sardiñeira", "La Perillana"?? ¿Cando se repoñerán os nomes auténticos da Zapateira, abruptamente eliminados por nomes de capitais europeas? ¿Chegaremos á terceira idade co nome da Avenida de Arteixo corrixido e restaurado como merece? O asunto é moito máis grave e significativo do que algúns pensan. ¿Alguén pode temer que nos chamemos como nos pertence?

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009