EN DIRECTO
si home si

Máis papistas que o Papa

 01:48  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

JOSÉ MANUEL PEREIRO A este Papa téñolle un certo aquel porque, sen lle quitar mérito ao conclave cardinalicio que o escolleu inspirado polo Espírito Santo, tamén o acollín eu nunha destas columnas. Aínda recordo como foi: estaba eu co portátil nun bar en Bastiagueiro, coa televisión de fondo, e de pronto a que parecía a nai ou avoa do propietario anunciou urbi et orbi: "¡Ganó el alemán!, ¡Este ya habló muchas veces, salió tanto en la tele que hasta yo lo conozco!, ¡me gusta!". Recordo tamén -ben, non o recordo, acabo de mirar a columna daquel 23 de abril de 2005- que os comentaristas, un tanto desilusionados, tentaron animar á audiencia dicindo cousas como que o novo Papa non era tan ríxido como "ciertos medios de comunicación han destacado estos días".

De todas formas, que fose ríxido ou flexible sería un problema dos que se rexen polas normas da organización que ten como cabeza visible a Joseph Ratzinger, e de todos na medida en que o mesmo Ratzinger asegura que a súa Igrexa ten dereito a influír en política (como lle dicía a miña avoa Balbina aos Testigos de Jehová que a querían atemorizar dicíndolle que algún día morrería: "Se esa é a novidade que me traen?"). Pero como tanto vai querer influír veña ou non veña, e aínda que non veña ten aquí unha chea de acólitos que están moi dispostos a influír, pois se quere vir que veña, faltaría máis. Ao fin e a cabo consolida unha recente tradición papal de visitar Compostela en ano xacobeo (peregrinar é outra cousa) que iniciou o seu antecesor, Karol Wojtyla, posto que en milenio e pico de existencia do asunto, ningún Papa en activo tivo a ben pasar revista a un dos centros históricos do seu culto. O malo non é o Papa, senón os que son máis papistas ca el.

Por exemplo, o home o que quere é chegar, facer o que teña que facer, e seguir a xira, non ver unha cidade rendida aos seus pes, pero o operativo despregado recorda a iso que vemos nas películas de época, as comitivas dos poderosos ás que lle abren paso a xostregazos uns tipos que van diante. Se vai vir unha morea de xente a velo, e o lóxico sería tentar facilitarllo e non facer que a súa emoción se vaia reducir a estar o mesmo día no mesmo sitio que Bieito XVI. E desde logo, sen complicarlle máis do necesario a vida aos que tanto lles ten, e teñen dereitos como cidadáns os 365 días do ano, sexa santo ou civil, veña Ratzinger, Obama ou os Rolling Stones. E todo, e a maiores metendo unha chea de cartos, para saír nunha foto ou nunhas imaxes nos medios de comunicación internacionais. Ou coutando as opinións dos que están en contra da visita, como lle pasou a un colega, Fran Lorenzo, ou aos da revista Retranca, que os propietarios da imprenta decidiron que o contido non era compatible coas súas crenzas ou coas da rotativa. Se un debuxante danés ten todo o dereito a parodiar a Mahoma nun xornal, tamén o teñen os galegos a quen consideren.

Ademais, se aquí imos ter unha sobredose de visita, e máis aló do Padornelo tamén lles vai chegar, alén dos Pirineos uns enteraránse e outros non. Se de verdade queren que a visita teña repercusión mundial, que convenzan a Bieito XVI para que proclame no Obradoiro a recomendación do condón para evitar a sida, a autorización para a ordenación das mulleres ou o fin do teórico celibato sacerdotal, e xa verán que éxito.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad