Coruña foi o escenario, anque desta vez non físico, das Xornadas sobre Manuel Blanco Romasanta, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco. Na metade do século XIX os crimes do lobishome de Esgos (Ourense) converteuse en causa tras a súa detención logo de ter dado morte nos montes a case unha ducia de persoas, se ben parece que se autoinculpou falsamente dalgunhas. O Xulgado de Instrucción de Allariz (Ourense) considerouno reo de morte, e a Audiencia Territorial da Coruña dictou sentencia, condenándoo a ser executado no garrote vil. Finalmente foi indultado pola raíña Isabel II, para morrer de cancro, anos despois, no presidio de Ceuta. No 1929 o polígrafo Vicente Risco -gran escritor, etnógrafo, historiador, orientalista, mitólogo e metapsíquico, fundador e director da famosa revista Nós pronunciou o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, baixo o título de Un caso de licantropía.

Menos de trinta anos despois o intelectual coruñés Carlos Martínez-Barbeito é finalista do premio Nadal que gaña Carmen Laforet, co romance El bosque de Ancines.

Esta obra, proposta polo guionista e director coruñés Juan Antonio Porto ao seu amigo o cineasta vasco Pedro Olea, cristalizou no filme El bosque del lobo, maxistralmente encarnado por José Luís López Vázquez. As referidas xornadas -desenvolvidas na histórica e hoxe exemplar vila de Allariz- comezou cunha mostra da documentación do proceso a Blanco Romasanta, a proxección da película e a presencia do seu autor e o pase da gravación da vista no Xulgado de Allariz, a cárrego do grupo teatral da localidade. Todo isto coa inestimábel dirección de Antonio Roma, fiscal de Patrimonio, e o mestre e concelleiro que foi do BNG, Antonio Blanco, ambos os dous mebros da fundación, filmada polo realizador do antigo espazo de sona da TVE, Primer Acto, Luis Morales. Todo elo baixo a coordenación sempre rigorosa e infatigable do seretario da institución cultural, Luís Martínez-Risco Daviña,

En realidade Allariz inteiro participou como Funteovejuna.

As datas destas xornadas da Fundación Vicente Risco foron, naturalmente, as vésperas e a mesma noite de Santos, agora vulgarizada polos parvos nun suposto Halloween e máis polos da mala conciencia. como o Samahín, de xenuina estirpe celta, escocesa par ser máis precisos, porén sen tradición algunha na nosa terra por Santos e Defuntos.

E moito ollo, pois estamos en lúa chea.