Máis de 25 profesionais do Hospital Universitario Reina Sofía de Córdoba realizaron por primeira vez en España un inxerto do 20% do fígado dunha muller de 35 anos á súa sobriña, de nove meses, mediante ciruxía laparoscópica, un fito sen precedentes. A pequena Emma naceu o 9 de xuño de 2015 cunha atresia de vías biliares, unha enfermidade conxénita pouco habitual que fai que os condutos que transportan a bilis desde o fígado ata a vesícula se obstrúan. "Estaba moi amarillita, inflamada e tardaba horas en facer a dixestión dos biberóns", explicou onte a súa nai, Maribel Rodríguez.

Por iso e ante a lentitude da lista de espera de doacións de fígado de falecidos, os médicos optaron por realizar as probas de compatibilidades aos familiares, o que posibilitou cunha tía da rapaza -a irmá da nai, Ana Rodríguez- doase un 20% do seu fígado. "Animo a todo o mundo a que sexa doante porque a recompensa de ver á miña sobriña sana e feliz supera as molestias da operación", sinalou onte esta moza, que so ten algunhas pequenas secuelas estéticas, menores cas de calquer muller que se somete a unha cesárea, precisaron os médicos.

As dúas intervencións necesarias para conseguir este logro, unha de extracción e a de implante do segmento hepático, precisaron once horas de traballo dun equipo de 25 profesionais repartidos en dous quirófanos. O responsable do programa de trasplantes de fígado do hospital cordobés, Javier Briceño, explicou que a técnica empregada "é de alta complexidade e precisión, se ben aporta vantaxes considerables para o doante porque é menos agresiva e o postoperatorio acórtase", sendo a súa recuperación máis rápida, xa que a intervención se realizou o pasado 15 de marzo e ambas, tía e sobriña, atópanse en perfecto estado de saúde.

Briceño aventurouse a dicir que esta intervención quirúrxica "abre a porta a que a ciruxía laparoscópica en trasplantes hepáticos en nenos sexa a técnica estándar nas donacións de doantes vivos", porque "a pesar de súa dificultade, é unha técnica moi controlada, minimízanse os riscos para doante e receptor".

Unha das principais vantaxes de esta técnica é que os vasos sanguíneos de Emma, que miden 2 milímetros, se poden ampliar ata en 2 centímetros para que os ciruxáns poidan traballar cunha mellor visualización que si o fisexen nunha intervención quirúrgica tradicional. Existen precedentes a nivel nacional no uso da laparoscopia para a extracción hepática cando o receptor é un adulto, pero é a primeira vez que vai para un bebé.