Fefa Noia Directora do Centro Dramático Galego (CDG)

"Non podo caer en personalismos; o CDG ten que ser representativo, gústeme ou non"

"En Madrid, pensaba que só chegaba a metade do teatro galego que podería chegar"

30.05.2016 | 00:40
Fefa Noia, na balconada da sede do Centro Dramático Galego, en Compostela.

Quizais non debería selo, pero resulta curioso ver a Fefa Noia de directora do Centro Dramático Galego. A retina e o cerebro inda gardan a imaxe dela dirixindo a Manquiña e compañía en Días sen gloria, a montaxe coa que o CDG celebrou o adicarlle as Letras Galegas a Vidal Bolaño. Méritos non lle faltan a Noia para o cargo, que recibe tras un concurso público e aberto. No seu despacho no corazón da Compostela de húmido musgo, fala unha muller que impresiona polas súas ideas claras á que lle dá o riso lembrar que "de pequena pequena, quería ser Marilyn Monroe, ese era o meu obxectivo. Inda teño o meu póster de cando tiña 6 anos. Estranas obsesións".

-Tras presentar a programación do CDG días atrás, está xa máis tranquila a pesar da demora?

-Tranquila, non. Nun traballo así, tranquila non se está nunca. Aledoume poder presentala porque a miña idea era entrar en actividade canto antes. Dentro dos prazos posibles, creo que fomos con bastante celeridade. Tamén creo que deseñamos bos contidos ata decembro. Agora xa estou preparando o que virá despois de decembro.

-Que busca realmente nesta nova andaina?

-Dende Madrid (onde vivía e traballaba), dábame a impresión de que chegaba só a metade do que podería chegar. O teatro galego debe ter máis proxección fóra. Eu son defensora do concepto de teatro nacional. Ese foi outro dos grandes impulsos. Eu estou de paso. Non quero caer en personalismos, non caer en querer facer só o que a min me guste, porque ese non é o concepto do Centro Dramático Galego, dun teatro público. Eu teño que facer o que sexa representativo, gústeme ou non. Non podo caer en personalismos.

-Por que elixiu Tartufo para a gran obra desta tempada? É unha aposta demasiado segura e cun director non galego.

-Carles Alfaro traballa dende moito rigor respecto do material dado. O Tartufo de Molière é unha proposta máis convencional para reforzar o público que temos e amplialo. Creo que Tartufo si pode conseguilo e conectar con determinados públicos que si os tivo o CDG no pasado pero que se perderon polos tempos de crise.

-As coproducións con teatros portugueses copan a programación do CDG para este ano. É posible que haxa xente que pense que se deixa de lado ós profesionais galegos.

-Xusto as dúas coproducións teñen xente de aquí. Non se deixa de lado ós galegos para nada. No caso do CDG, unha das prioridades é dar traballo para a profesión aquí. Todo o equipo, exceptuando o director, da obra principal, Tartufo, é galego.

-Por que non coproducións con compañías galegas?

-Eu espero coproducir no futuro con compañías galegas, por suposto. Pero se unha compañía coproduce co CDG esa produción non pode concorrer ás axudas de Agadic, do contrario, hai unha incompatibilidade de intereses. Por iso, entendo que hai certa facilidade para producir con Portugal, porque elas non teñen esa incompatibilidade.

-A Guede, en canto chegou ao cargo, pedíurselle que non cedera a presións políticas, vostede atópase atada ou con liberdade no CDG?

-Non notei presións políticas e non sei se no periodo de Manolo as houbo. No periodo anterior, ó mellor si houbo por algo en concreto. No meu caso, non houbo ningún tipo de presión..

-Logo se cadra os problemas de orzamento sexan o que máis encorsetan ó teatro público galego.

-O que ata ó CDG é o que ata a calquera compañía institucional, o procedemento administrativo. Ás veces, ralentízase.

-Xente que a antecedeu no cargo empezou con moita ilusión pero acabou un tanto escaldada. A que lle ten vostede medo?

-Con medo non se pode traballar. Pode pasar aquí ou en calquera outro sitio. Un ten que empezar con toda a ilusión e tratar de conservalo e mesmo aumentalo. É como a vida mesma. Sempre está a esperanza do que acontecerá o día seguinte.

-E non supón un risco para vostede deixar a súa carreira, a súa compañía aparcada?

-Inevitablemente, dedícolle pensamentos. Esta é unha paréntese na miña carreira persoal. Trato de manterme nun plano pragmático.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine