'Pescadores de historias' descubrirá hoxe na TVG os segredos do polbo de Camariñas

O programa que dirixe e presenta X. H. Rivadulla Corcón descubrirá aos espectadores a importancia do cefalópodo para ese porto da Costa da Morte

03.09.2017 | 02:20
Fotograma da entrega de hoxe do programa ´Pescadores de historias´.

O polbo é sen dúbida un dos animais tótem para as xentes mariñas de Galicia. E o porto de Camariñas destaca polo volume de polbo que se captura ao ano, que pode estar arredor de 150 toneladas, pola súa calidade e tamén pola enorme arte das xentes da localidade na súa elaboración.

O programa Pescadores de historias descubrirá a importancia do polbo para este porto da man da patroa maior Lola Bermúdez, quen explicará que se trata dun dos recursos máis importantes para a Confraría de Camariñas, conxuntamente co marisqueo e as capturas dos barcos do cerco.

Ademais, o espazo da TVG sairá capturar o polbo con Daniel Lista, un entusiasta do seu oficio, que falará do duro que é manterse a "flote" traballando no mar, e asistirá a unha poxa na lonxa da man de Roberto Mas.

Por outro lado, o matrimonio formado por Jaki Lista e Tono Pasantes explicarán por que é tan bo o polbo de Camariñas, cuxa ría é idónea para a súa calidade, e os espectadores coñecerán a Paco Gallego, que vende polbo conxelado para toda España. Por último, como non podía ser doutro xeito, Pescadores de historias cociñará, coa axuda de Lola Barreiro, o produto protagonista de hoxe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine