Gonzalo Hermo | Poeta

"Hai unha aposta editorial pola xente nova; ata hai pouco había que gañar un premio para publicar"

17.09.2017 | 03:53
"Hai unha aposta editorial pola xente nova; ata hai pouco había que gañar un premio para publicar"

Gañador do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2015 e do galardón Crítica de Poesía en galego por Celebración ou do premio Xuventude Crea con Crac (2011), o poeta Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) ten claro que o apoio de novas editoriais a autores novos está detrás do aumento de lectores de poesía entre a xuventude. "Hai unha aposta editorial pola xente nova. Ata hai pouco, os autores novos tiñan que gañar un premio para que unha editorial apostase por eles e agora, con Chan de Pólvora ou Apiario, xa non é así. Isto fai que aumente a oferta de autores e que se chegue a mais xente", indica este autor galego, quen recoñece que o tema da idade tamén poder ser un modo de atraer á xuventude cara a poesía. "Os poetas reflexionamos sobre experiencias vitais e pode ser que os xóvenes atopen nexos por cuestión de idade", sinala Hermo, quen ten claro que hai un movemento de novos poetas xurdindo e comparte a opinión de Chus Nogueira sobre este fenómeno. "Ela considera que somos un grupo moi heteroxéneo, pero con rasgos comúns: compartimos un mismo momento vital, é un grupo con formación alta, con precariedade laboral, pero despois cada un o transmite na escritura dunha maneira diferente", sinala Hermo.

Desde que de pequeno leu Follas Novas de Rosalía tivo claro que "quería poder chegar ós demais como o facían os poemas dela" e tras publicar en varia revistas e publicacións, editou o seu primeiro libro en solitario no 2011: Crac. Hermo, que utiliza as redes sociais "para promocionar recitais, amosar críticas, etc." recoñece que neste sector, "aínda hai que pasar polo papel para ser recoñecido". "Hai poetas moi importantes nas redes, pero alomenos en Galicia aínda está moi vinculada o papel", sinala Hermo e recoñece que esto pode estar comenzando a cambiar e pon algún exemplo. "Alba Cid é un refente para os novos poetas e non ten libro publicado", sostén este autor quen recomenda o libro Suicidas do fallecido Francisco Cortegoso.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine