Os sons de Efecto Pasillo e Susana Seivane, hoxe no 'Bamboleo' da TVG

Xosé Manuel Piñeiro é o mestre de cerimonias do espazo da canle autonómica

23.09.2017 | 01:29

Coa chegada do sábado á noite, a TVG tenlles preparada aos espectadores unha nova velada de entretemento, a cargo de Xosé Manuel Piñeiro, o mestre de cerimonias dun Bamboleo que ofrece un bo anaco de lecer coas variadas seccións do programa e con actuacións adaptadas a todos os gustos musicais.

O primeiro artista, de proxección nacional, que fará as delicias da audiencia é Efecto Pasillo. Estes canarios convertéronse en pouco tempo nunha das bandas con máis éxito do pop español.

Cambiando de rexistro, pero tamén cun recoñecemento internacional, esta noite actuará en Bamboleo a gaiteira Susana Seivane, quen está a piques de lanzar o seu quinto álbum, en que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade.

E, dunha artista consagrada a unha nova promesa do electrolatino: Maikel Gómez. Con nome artístico NewMaik, é un vigués de orixe suíza que está destacando xa neste xénero no mundo da canción. As actuacións musicais complétanse este sábado coas intervencións da orquestra Israel.

No que respecta ás seccións de Bamboleo, en Agora ou Nunca, dous participantes, Antía Nerga e Carlos Vílchez, amosarán os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando Y yo te busqué, de Miley Cyrus, e, o segundo, Granada. Ademais, desenvolveranse Sobes ou baixas?; a ITV do amor, co obxectivo de acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa e, Dirtidansi, onde nesta edición distintas parellas bailarán samba e bachata sensual.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine