Abellas: malas e boas novas

07.11.2017 | 01:34

As abellas son uns animais extraordinarios. A pesar do seu diminuto tamaño, estes insectos benefician aos seres humanos non só co seu mel e demais riquezas da colmea, senón que a través do seu traballo como obrigados polinizadores logran que existan abondosas sementes e froitos farturentos na natureza.

Pero, hoxe en día, as cousas non marchan ben para as moitas das nosas abellas: unha maioría das colmeas están baixo mínimos, e outras directamente desapareceron nos últimos anos. Un dos motivos é a crecente presenza da avespa asiática (Vespa velutina), de gran potencial invasor e letal para moitos insectos autóctonos, entre eles para as abellas. Boa parte de Galicia está agora baixo a súa área de influencia, e a loita contra este himenóptero invasor está a supoñer unha enorme cantidade de capital humano e económico. A retirada de niños estase a centrar especialmente en contornas urbanas, existindo moitas dificultades para actuar sobre eles en áreas rurais ou de monte. En moitos casos óptase en atacar os niños con pértigas incineradoras ou que inxectan insecticida, disparos de bolas cheas de fungos letais para as avespas e incluso fumigación con drones. Para a captura de raíñas, sobre todo na primavera, o método máis estendido son as trampas con cebo, se ben teñen o problema das capturas accidentais doutros insectos.

Resultados máis esperanzadores -aínda que gravosos- son os derivados da protección das colmeas coa "arpa eléctrica", que permite pasar ás abellas pero non ás avespas asiáticas.

Aínda así, a falta de coordinación entre administracións e a casi nula inversión en investigación por parte dos organismos competentes, sumado a meteoroloxía tan favorable dos últimos anos, fai que a praga se siga estendéndose cara ao interior de Galicia a un ritmo esaxeradamente rápido.

Pero unicamente a velutina non explica a desaparición das abellas nestes últimos anos. Hai que ter en mente que parte do agro galego segue inzado de herbicidas e insecticidas tóxicos, e que durante máis de 20 anos empregáronse na nosa terra uns axentes temibles e letais: os insecticidas sistémicos chamados neonicotinoides. E que facían estes compostos? Nada menos que xerar efectos neurotóxicos nos insectos "praga", afectando ao seu sistema nervioso e eliminándoos ao pouco tempo. Os nomes dos principios activos destes insecticidas eran, entre outros, o Imidacloprid, o Thiometoxam e a Clotianidina, todos eles distribuidos por grandes multinacionais. Pero estes principios activos de nomes tan raros non só afectaban ás pragas: desde o seu uso xeralizado a partires de 1994 desaparecía cada ano ata unha media do 30% dos enxames de abellas, chegando ao 80% en áreas de agricultura intensiva, cando de xeito natural a mortalidade non superaba o 8%. As abellas que sobrevivían perden a memoria e o seu sistema de orientación, polo que cando saían a se alimentar no campo non regresaban á colmea.

Tras as protestas de grupos conservacionistas e produtores de mel, desde decembro de 2013 a xuño deste ano 2017 a Unión Europea estableceu unha moratoria destes compostos -e tamén do Fipronil- que, sen embargo, se poderían usar en invernadoiros, cereais de inverno e en certos cultivos fora da época de floración. Pero, finalmente, o 22 de xuño de 2017 o Imidacloprid, o Thiometoxam e a Clotianidina foron prohibidos na UE. Queda aínda sobre a mesa a prohibición completa do Fipronil, de actualidade pola contaminación de ovos en varios países da UE o pasado mes de agosto, así como outros insecticidas con efectos nas abellas. Serían necesarias novas campañas de información e sensibilización como as desenvolvidas por Bee Life e Greenpeace a nivel da UE e pola Asociación Galega de Apicultura en Galicia. Pero, así e todo, estanse a dar pasos para lograr unha eliminación destes compostos tóxicos nos campos. Algo a celebrar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Teresa Martínez Ramonde, jefa del servicio de endocrinología del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, ha respondido a preguntas de los lectores

 

Lotería del Niño 2017

Comprobar Lotería del Niño

Toda la información de la Lotería del Niño. Comprueba los números premiados con nuestro widget de la Lotería del Niño.

 
Widget Lotería del Niño

Llévate a tu web, a tu escritorio o a tu iGoogle los resultados de lotería de Navidad y de la lotería del niño. Descárgatelo

 
Enlaces recomendados: Premios Cine