'Pescadores de historias' da voz aos mariñeiros que traballan lonxe da casa

O espazo que dirixe e presenta X. H. Rivadulla na TVG dirixirase hoxe cara ao porto de Marín para falar con xentes do mar que desenvolven a vida afastados da familia

12.11.2017 | 01:59
X. H. Rivadulla Corcón, cun grupo de redeiros.

O equipo da serie documental Pescadores de historias, que dirixe e presenta X. H. Rivadulla Corcón na TVG, dirixirase hoxe cara ao porto de Marín para coñecer as experiencias dos mariñeiros que teñen que pescar lonxe da casa. O mar nunca tivo fronteiras para os nosos mariñeiros, desde sempre aventuráronse en todos os mares do planeta, algúns próximos como o Gran Sol, pero outros ben remotos como a Antártida. Alí os mariñeiros desenvolven a vida afastados da familia. Hai unha historia épica nestes mares, pero tamén unha dura experiencia de ausencia.

Este é ocaso de Tinso Pouseu e Álvaro Paz, que pasan meses nas augas bravas do Gran Sol. Os dous son patróns de vacas do arrastre que pescan nas costas de Irlanda e Escocia.

Manuel Nores sabe de mar máis que o propio mar. Empezou sendo moi neno, traballando ao xeito na costa de Marín e con 17 anos xa era contramestre en vacas do arrastre de vapor, na década dos 40, cando aínda non existían os motores. Tamén hai que coñecer a quen traballa en terra para a pesca de altura, como os redeiros José Landín, Emilia Neira e Manuel Piñeiro.

Na altura tamén estiveron, embarcados en atuneiros e na mercante, Abel Siméns e o seu fillo, tamén Abel, que hoxe teñen unha peixería. E, haberá que comer peixe de altura, un rodaballo que vai preparar Mario Castro, na praia de Mogor, onde ten o restaurante Merendero 2.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine