Cando en xuño de 2011 o señor Negreira asumía o cargo de alcalde desta cidade non podía imaxinarme nin por asomo a repercusión que o seu mandato ía ter neste barrio.

A aprobación do novo PXOM supón unha espada de Damocles sobre a configuración deste marabilloso lugar onde vivimos.

Pendente da normativa que desenvolve ese PXOM, o barrio vaise transformar radicalmente coa urbanización de máis de 37.000 m2 destinados a aparcadoiro, uso residencial (333 novas vivendas), uso terciario(comercio) e ocio; desaparecendo, loxicamente, todo ese espazo verde e aumentando considerablemente e innecesariamente a presión urbanística nun entorno natural, en teoría protexido, como son os campos da Torre de Hércules.

Unha rúa adicada ao señor Vázquez Iglesias, un dos cidadáns que impulsaron a candidatura da Torre como Patrimonio da Humanidade, pode ser o único salientable nestes catro anos de goberno popular no entorno da Torre. Cousas tan sinxelas e tan necesarias como evitar que as plantas invasoras sigan colonizando os campos da Torre ou que se seguen neses campos sen respectar os períodos de cría das aves, é moito pedirlle a un goberno municipal volcado no cemento.

Cemento para a construción dunha nova cafetería nos campos deportivos da Torre, que vén de aprobar este goberno popular, ou cemento para inagurar un novo museo noutro parque de A Coruña como é do de Bens e adicalo nada máis e nada menos que... aos coches. Esos coches que todos padecemos cada fin de semana co permiso do concello para que circulen e aparquen no paseo dos Menhires, balcón ao Atlántico, que lembraba don Segundo Pardo de Ciórraga compañeiro do señor Vázquez Iglesias no seu desvivir pola Torre, afeando e rachando a tranquiliade que se pode sentir nunha das paisaxes mási fermosas desta cidade.

Visto o visto, solucionar o tema da prisión provincial metida agora nos xulgados cos seus colegas de partido de Madrid ou que, os Talleres 7, a pé do paseo marítimo, segan acumulando lixo, é moito pedirlle a este goberno popular.

Para finalizar, non está demais acordarnos das súas promesas electorais de hai catro anos na que nun sinfín de actuacións no barrio falaban, entre outras, de restaurar un mercado de abastos e acondicionalo para dispoñer tamén dun lugar de encontro veciñal pero que, pasados eses catro anos e cunha maioría absoluta na cámara, non tiveron tempo nin ganas de adicarlle unha mínima partida ao seu mantemento ou deixar solucionado as novas concesión aos praceros do mercado.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.