Preto do que foi a casa familiar dos Casares Mouriño un marco sinala que ata Compostela quedan 94 quilómetros, a Avenida de Celanova para os limiaos sempre foi a estrada do San Mateo. Este bulevar con árbores centenarias coincide cun treito da Vía da Prata, sendo a formación arbórea singular de máis valor nunha trama urbana de todo o percorrido deste antigo camiño a Santiago.

No derradeiro libro co que nos agasallou Carlos Casares no 2002 O sol de verán hai unha cita onde un amigo cóntalle a posibilidade de que podan desaparecer unhas árbores: "Nunca me decatara do fermosos que eran os grandes pradairos de casca amarela que se aliñaban ó longo da estrada e que Arturo me acababa de dicir que os ían cortar a principios do outono porque resultaban perigosos...".

Un mal día teno calquera, ou inxenuamente cae nun inocente erro de cálculo. O pasado 21 de marzo (Día da Árbore) ao erguernos coa noticia do arranxo da Avenida de Celanova un tremor e arrepío entrounos a moitos no corpo. A nova destacaba como primeira medida a eliminación das árbores centenarias por perigosas e a súa substitución por outro tipo de vexetación. Uns pradairos perigosos en Xinzo da Limia! Que teñamos coñecemento estes inocentes seres nunca se pelexaron nin se meteron con ninguén, certo é que nos contos e fabulas de Carlos Casares todo era posible, hai que mirar ben toda súa obra podemos levar algunha sorpresa.

O medo que Casares e o seu amigo tiñan incumpriuse grazas a actitude humanista dos seus veciños e veciñas, a mobilización cidadá fixo recapacitar aos responsables do concello e da Xunta de Galicia. Hoxe el sería o primeiro en estar moi ledo por ver que os pradairos de casca amarela van seguir formando parte do patrimonio da súa vila.

A cegueira premeditada impídenos escoitar a natureza e moitas veces o esencial faise invisible. Os gobernantes sabiamente rectificaron a tempo, o indulto a estas fermosas xigantes vai facer que sigan sendo memoria viva e testemuña do paso do tempo.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.