- Multimedia
- Clasificados
- Servicios

Haberá tres categorías individuais con diferentes temáticas:
Categoría 1: Fotos baixo contexto histórico. Foco en imaxes antigas da Torre de Hércules.
Categoría 2: Fotos baixo contexto artístico. Imaxes singulares e creativas coa beleza da Torre de Hércules como figura central.
Categoría 3: Fotos baixo o contexto humanístico: "A miña historia coa Torre". Ademais da imaxe, debe achegarse algún lema ou minirelato persoal ou anecdótico do que a Torre de Hércules representou ou significou nun momento da súa vida.
Os traballos poderán ser enviados mediante correo electrónico a concurso@laopinioncoruna.es ou a través do formulario habilitado en este enlace.
Nos traballos que se envíen dixitalmente deberá incluírse o nome, apelidos, D.N.I., teléfono, email de contacto e o título e unha pequena descrición da imaxe.
A participación no concurso autoriza expresamente a exhibición dos traballos en calquera dos medios de La Opinión A Coruña S.L.U., así coma a autorización para o arquivo dos mesmos nos sistemas fotográficos do diario e a súa publicación cando La Opinión A Coruña S.L.U o considere oportuno. Asemade, A Opinión comprométese a firmar co nome do autor a fotografía cada vez que a utilice e a non utilizala con fins lucrativos.
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de idade ou menores, sempre e cando a autorización sexa firmada polos pais ou titores legais. Tamén colectivos ou asociacións, neste caso deberán acreditarse cubrindo o datos ben da asociación ou da persoa física que a representa para o concurso exclusivamente.
Os traballos poderán ser enviados mediante correo electrónico a concurso@laopinioncoruna.es ou a través do formulario habilitado en este enlace.
Resérvase a propiedade dos traballos presentados e o dereito a publicalos íntegramente ou en parte. En ningún caso os orixinais serán devoltos. Os orixinais que se remitan dixitalmente deberán conservarse por se resultase premiado.
A admisión de orixinais empeza o 1 de agosto e remata o 30 de novembro.
O fallo do xurado será o 2 de decembro. O xurado estará composto por cinco persoas do mundo da fotografía e a imaxe convocadas por La Opinión de A Coruña.
As categorías a valorar serán as seguintes:
Mellor foto histórica.
Mellor foto artística.
Mellor foto "A miña historia coa Torre".
En cada unha das categorías se seleccionarán as 5 mellores fotos calificadas polo xurado.
Estas fotos formarán parte dunha exposición que homenaxeará o feito de ser declarada Patrimonio da Humanidade e o que supuxo para a cidade. Celebrarase nun lugar e datas a determinar. Os autores seleccionados dentro de cada categoría serán convidados á mesma.
La Opinión A Coruña publicará unha páxina co nome dos gañadores e a crónica da reunión do xurado ao día seguinte á realización da mesma.
A entrega de premios terá lugar o día que se celebre a exposición.
Queda prohibida a participación aos empregados e colaboradores de La Opinión A Coruña (formato impreso e dixital), así como cónxuxes, ascendentes ou descendentes, ata primeiro grao (inclusive), dos anteriores. O incumprimento de esta regra supoñerá a perda do premio obtido.
Todas as persoas, colectivos ou asociacións que participen no concurso descrito, cumplan coa base do mesmo e completen os datos de participación correctamente, participarán nun sorteo organizado por La Opinión A Coruña onde se sortearán:
Participa pinchando nesta ligazón.