Zoelas é unha banda deAntas de Ulla formada por cinco cantareiras e tres músicos. Déronse a coñecer hai un par de anos sendo finalistas do

concurso para grupos noveisVal deMaía, organizado polo concello de Ames, e dende aquela foron perfeccionando a súa proposta para elaborar

o seu primeiro álbum, que foi publicado co titulo de evelaités.

Bruno Villamor é un dos compoñentes desta formación e comenta que cando se presentaron ao concurso musical "comezabamos a nosa andaina. Nestes dous anos transcorridos fomos propoñendo o que tiñamos na cabeza. Realizamos moitos ensaios e tivemos actuacións, o que nos foi servindo para ir completando un son particular co que sentirnos cómodos e iso deu pé á saída do disco".No que atinxe ao labor de ensamblar as voces coa instrumentación salienta que foi "un proceso de creación moi bonito. Xuntabámonos na casa de María, unha das nosas cantantes, e foron semanas de traballo duro no que elas amosaban melodías e algunhas das letras. Así foron xurdindo ideas e da convivencia e posta en común foron saíndo os temas incluídos na obra. Cando montamos algunhas cancións pensabamos que soaban dun xeito especial, xa que metendo a sonoridade da zanfona ou requinta facían que quedasen diferentes ao que estamos afeitos a escoitar neste tipo de producións. Por outra banda, as nosas cantantes quedaron aparte dos músicos para preparar ben a ensamblaxe de voces".

O xermolo da formación vén da asociación Fiadeira en Antas de Ulla, onde as voces de Zoelas comezaron co canto "e ese amor pola música

tradicional sempre vaiser parte da banda e nótase á hora de traballar as pezas. Témolo moi presente nos arranxos e pensamos que os instrumentos galegos deben ser predominantes.A nosa intención é facer música galega na nosa lingua e se nas letras poñemos en valor a figura da muller e do rural, tanto mellor. Queremos que esa mensaxe chegue a quen nos escoita". Nesta ópera prima chama a atención a variedade de ritmos incorporados ao repertorio, onde aparecen sonoridades de reggae, blues ou bossa nova. "Gústanos moito viaxar e en troques de facelo fisicamente, aquí realizamos unha viaxe musical por diversos lugares. Achegamos un abano de ritmos complexo e diferenciado. Nun principio pode asustar un chisco, xa que nos movemos lonxe do que foi a nosa educación musical, mais é unha aprendizaxe e outro camiño a seguir. Este

álbum serviunos para aprender cousas".

Para un grupo novo é complicado achar un lugar propio no panorama musical galego, algo do que é consciente Villamor, quen sinala que existen "moi bos grupos e xente cun talento enorme. É unha mágoa que non teñamos máis visibilidade nos medios de comunicación. Nós arrincamos

con moita ilusión e van saíndo concertos". Respecto a se ese espazo propio pode conseguirse precisamente por realizar unha aposta por eses

ritmos variados que non son comúns noutras formacións galegas das súas características, o músico cre que "resulta raro escoitar nun grupo tal cantidade de estilos diferentes, mais foi o azar quen nos encamiñou a iso. Non foi algo premeditado, senón que fomostraballando e vimos que a bossa ou blues eran ritmos que acaían ben a certas cancións e por iso decidimos incorporalos".