Toma o relevo dunha histórica, a única alcaldesa que tivo Vilasantar. Eso ten que impor un pouco?

Si, si,moito, sen dúbida (ri).

Que lle moveu a dar o paso de presentarse á Alcaldía?

Din o paso porque temos un goberno local sin proxecto, sen ideas, adicado a manter o que hai, arranxo de pistas e pouco máis. Os orzamentos chegan no mes de agosto a maioría dos anos, están deixando morrer Vilasantar.

Vilasantar forma parte desa España baleirada, ten pouco máis de 1.200 habitantes e non deixa de perder poboación. Que propón o BNG para frear a caída?

O primeiro, frear a marcha de xente nova, aquí non hai industrias nin producción leiteira ou cárnica e as concentracións parcelarias chegaron tarde, cando a xente xa marchara de aquí? O primeiro que propoñemos é fixar poboación, apoiándonos un pouquiño en que temos aquí ao lado o polígono de Teixeiro, que ten duás fábricas importantes en construcción. Tamén queríamos facer unha oficina de rehabilitación de vivendas que axude a tramitar subvencións para todas as casas que están abandonadas, pechadas. Eso como medidas de futuro, e como presente queríamos facer una casa de maiores con servizos de fisioterapia, podoloxía, un transporte para recollelos polas casas, con personal de apoio para que os leve ao médico, ao banco, a onde faga falla? Tamén temos un activo moi importante, o colexio, que ten moito prestixio e é vital para fixar poboación, polo que habería que reforzar a colaboración.

O BNG estivo prácticamente empatado co PP no 2011 pero os populares lograron ampliar as distancias nas anteriores eleccións. Que propón para recuperar ao electorado?

Pois todas estas ideas que comentaba antes para fixar poboación. Vilasantar morre a pasos axigantados, envellece moito a poboación, non hai nenos? Se non temos xente nova non temos futuro. Queremos pór en marcha medidas de apoio á natalidade e crear becas para o transporte para as garderías dos concellos limítrofes, que nós non temos? E tamén propoñemos melloras nos servizos, como levar a rede de agua nas casas, crear un equipo de mantemento para pistas ou tratar de que o concello sexa tamén un motor de emprego, porque agora case todo se contrata fóra.