Henrique Abraira estréase en política co reto de "acadar representación" en Miño. O BNG estivo a piques de lograr un concelleiro no 2015 e os nacionalistas confían en que nas municipais cristalizará o incremento de apoios rexistrado nas últimas xerais no concello. "Nas xerais subimos moitísimo e albergamos a esperanza de poder lograr representación. A impresión nas visitas ás casas é positiva", sostén Abraira.

O candidato fai un balance moi crítico do mandato. "Se aplicaron as políticas do PP", afirma Abraira. "O único que fixeron foi sobrevivir a conta do que fose, recurriron sistemáticamente as sentenzas e acumularon máis débeda", denuncia o líder da formación nacionalista, que lamenta o "abandono total e absoluto do rural" e "das políticas culturais".

Consultado polas súas prioridades, o ten claro. "O primeiro, que entren novos aires no Concello, democratizalo", explica e engade: "E despois, o principal é reactivar Miño, facer de Miño un sitio atractivo no que a xente quera vivir. O rural de Miño é unha zona totalmente abandonada e cunha riqueza impresionante", destaca. Abraira aboga por promocionar as variedades autóctonas como o millo de Callobre, potenciar o uso da vivenda baleira e desestacionalizar o turismo de Miño.