Como levades a campaña?

Ben, satisfeitos, con moitos apoios. E os veciños teñen ganas dun cambio.

Irá para vos?

Hai que ser humildes e hai forzas con moita maior presencia que nós, pero pode que o BNG sexa unha alternativa e para quitar a maioría absoluta que está tan afianzada.

A quen apoiarían para gobernar?

Iso é complicado de dicir. O que temos claro é que a candidatura doBNG vai ser fiel a idearios de transparencia e ás nosas posturas. No caso de ter que tomar una decisión dese estilo, farase de xeito asamblario

Podería que apoiaran a Mouriño?

Non, iso está claro que non.

Algunha outra liña prefixada?

Hai que ver as condicións. Buscar o cambio si ou si, pero non sabemos cal é a opción.

As súas principais propostas?

Partindo da base da transparencia, ter un equipo de traballo forte para pedir subvencións e realizar proxectos e mellorar a mobilidade interparroquial. Hai un abandono moi grande sobre todo das parroquias do sur.

Como o farían?

Con axudas a taxis, buscando a xestión dun transporte interparroquial cunha empresa ou con taxis.