Entrevista | Sergio Boado Candidato do BNG de Irixoa

“Para a agricultura e gandería todo son atrancos e para o forestal, todo ventaxas”

Sergio Boado.   | // LA OPINIÓN

Sergio Boado. | // LA OPINIÓN / A. P.

A. P.

Que tal vai a campaña?

Ben, enfilando [ri]

Que balance fai do mandato?

Continuísmo. Máis do mesmo, seguimos sen cambiar nada, todo está igual.

Cales pensa que deben ser as prioridades en Irixoa?

Pois tomar en serio o que baixa a poboación.

E que se pode facer para fixar poboación?

O primeiro, tomarse en serio a gandería e a agricultura.

E non o fan?

Non, aí todo son atrancos e no forestal, todo ventaxas.

Dio por experiencia propia?

Si, neste sector hai que loitar moito, moitísimo. O que non pode ser é que a administración en lugar de axudar che dea a todo para atrás.

Que máis bota en falta?

Servizos, como sempre: auga, saneamento.... Hai moito que mellorar. Moitas explotacións e casas de Irixoa seguen sen auga.