Entrevista | José Antonio Santiso Candidato do PP e alcalde de Abegondo

“Non estou preparado para xogar a partida ou mirar para as obras. Estou aínda coa mesma ilusión que cando tiña 30 ou 40 anos”

“Estou en contacto coa Xunta para facer o parque ecoagrario, o primeiro da provincia”

O candidato do PP e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso.

O candidato do PP e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. / CARLOS PARDELLAS

Que tal a campaña?

Son tantas as campañas… Hombre, a xente agradece que a visite, porque así cóntanme as súas cousas, as que están ben e as que están mal. Procuro percorrer todo o concello.

E cóntanlle moitas cousas que están mal?

Hombre, mira, ata o momento non atopei a ninguén salvo onte pola mañá que alguén me protestou alí por un camiño, pero tampouco demasiado. En principio, ben.

Tantas campañas non cansan? Tantos anos de política e Alcaldía?

Eu sonche fillo de pais de Abegondo, neto de pais de Abegondo, bisneto de pais de Abegondo. Vivo en Abegondo e quero morrer en Abegondo e vivirei sempre en Abegondo. Cando me apoiaron maioritariamente para ser tres mandatos o alcalde máis votado de España de primeira e segunda categoría, de máis de 5.000 habitantes, e saquei 11 e 13 concelleiros, tomei a decisión de pedir a excedencia ou servizos especiais e adicarlle a miña vida ao pobo que me dera a vida e a oportunidade de estudar na universidade. Onde vivo eu non estudaba ninguén, éramos xente moi humilde. E eu considereime no deber de adicarlle a miña vida. Non acabo de entender como pode haber candidatos que nin viven nin votan no seu pobo. Hai que vivilo. O que vives, desfrutas ou sofres, sufrilo co teu pobo. Ten que ser así.

Adicarlle a vida quere dicir que se vai xubilar ou morrer de alcalde?

Non quere dicir iso porque, si quixera, eu xa cumprín os 60 anos e podía xubilarme coa máxima. Non me encontro aínda con ganas de xubilarme. Creo que podo ser moi útil aínda para o Concello de Abegondo e teño que recoñecer que non estou preparado para xogar a partida ás cartas ou mirar para as obras. Estou aínda coa mesma ilusión que cando tiña 30 e 40 anos. Gracias ás cousas que vas facendo ou outras como a Reserva da Biosfera, que me gusta moito ese fillo que se pariu hai uns anos. E que, salvo ao principio cando todos me tiñan moita envexa, que pensaban que ía ir para outros lados e me empezaron a presentar denuncias... Na política, ou tes apoios de familias políticas moi grandes ou, sendo unha persoa honrada, humilde, é moi difícil estar. Tomei esa decisión. Dixen: “Bah, xa non me vou adicar a outro tipo de política de máis altura”.

Quere dicir que non ten apoio de familias políticas?

No. Digo para triunfar na política en alto, non sei…

Ministro?

Por exemplo.

Gustaríalle ser ministro?

Xa mo ofreceron, eh? E xa dixen que non.

Quen?

Muller… Non foi neste Goberno, evidentemente. Tamén me ofreceron ser conselleiro co Goberno bipartito, eh?

O candidato popular e alcalde abegondés, este xoves, diante do Concello.

O candidato popular e alcalde abegondés, este xoves, diante do Concello. / CARLOS PARDELLAS

undefined

E cando foi iso?

Estaba de conselleiro, cesei, e despois ofrecéronme continuar alí. Tiña que pasarme a outro grupo político.

A cal?

[Ri].

O BNG?

Si. Si. Pero para ser ministro non puido ofrecermo o BNG.

Pero faríalle ilusión?

Non. A día de hoxe…

E volver ser conselleiro?

Non, mira, eu xa fun. Cando fun conselleiro foi… non digo á forza, pero dixen tres veces que non, porque estaba moi ben aquí, tampouco sabía moi ben o que era ser conselleiro. Pero naquel momento había cartos. Ser ministro coa débeda que ten agora o Estado... a min quedaríanme remordementos. Gústame estar coa miña xente. Eu vivo aquí e non vou marchar de aquí. Os outros dous ningún vive aquí. É moi fácil estar noutro lado e pasar olimpicamente dos veciños. Vaste para casa e non che rompen a cabeza. Ai, pero a min si ma rompen! Non é o mesmo.

Tres proxectos importantes?

Rematado o centro de saúde, facer alí un complexo deportivo e cultural no macroedificio para conciliar vida laboral e familiar, centralizar as actividades. Ampliar o complexo deportivo con sala fitness e pista de pádel e facer outra piscina. O pazo da cultura dos Loureiros e máis converter nun centro de día o edificio onde fixemos a festa da terceira idade.

undefined

Estes proxectos xa viñan de antes. Non ten ningún novo?

O tan sabido, agora xa por fin, o polígono ecoagrario ese. Teño que sácalo para adiante.

Vai?

Hombre! Cambiouse de ubicación, púxose ao lado do Centro de Investigacións Agrarias. Estou en contacto coa Xunta para facelo. O primeiro da provincia, que o saibas.

A Reserva e o Consorcio, non quitan moito tempo ao Concello?

Un Concello como Abegondo, con bos funcionarios e técnicos, non precisa máis. E o Consorcio que lle vaia dicindo adiós al alcalde de Abegondo, que bastante tempo presidín.

Algún proxecto pendente?

Teño que sacar si ou si unha rotonda de acceso ao centro de saúde. E gustaríame, no ENIL das ribeiras do Mero e do Barcés, un sendeiro limpo de maleza e especies alóctonas.