Miguel Anxo Abraira | Candidato por LiGanDo

“A débeda non a poden pagar os nosos fillos e moito menos os nosos netos”

Miguel Anxo Abraira y la número dos de la candidatura, Jennifer Lopez

Miguel Anxo Abraira y la número dos de la candidatura, Jennifer Lopez

A. P.

Que tal a campaña?

Ben, sobre o previsto, meso un pouquiño mellor.

Defende o decrecentismo. Percibe que hai máis xente que pensa que hai que frear un pouco?

Bueno,todo o mundo percibe o cambio climático e a escaseza de recursos enerxéticos como algo grave, pero outra outra cousa é dar o paso para abordalo desde o decrecemento. De momento o discurso que máis atrae á xente é o do crecemento, o dos partidos convencionais.

Que sería o primeiro que faría para reverter a situación?

Aplicar medidas pasivas, como fortalecer o servizo de abastecemento de auga por métodos que non precisen de bombeo, reducir os consumos enerxéticos e materiais e apostar polas enerxías renovables.

E que prioridades márcase?

Converter a Miño nunha vila en transición, algo que en Europa xa está bastante estendido, e empezar a camiñar cara a un Concello postfosilístico, que non dependa tanto dos combustibles fósilese. E aproveitar esta crise de crise que se está dando a nivel mundial e o paso dun mundo global a un mundo comarcal para situar a Miño nun bo posto e acadar todos os servizos que o pobo merece.

Que balance fai do mandato?

Profundamente decepcionante, prometéronse moitas cousas que non se cumpriron. Nin sequera o ter canalizada a devolución da débeda, que foi unha das razóns que levou ao PSOE para sacar uns resultados tan poderosos. Aínda acaba de anunciar que se atrasaba a devolución do principal. Entendemos que a débeda non a poden pagar os nosos fillos e moito menos os nosos netos e ese é camiño ao que imos