PÉREZ-LEMA Avogados e Consultores, referente na resolución de todo tipo de problemas legais
Conta con especialistas en todos os eidos do dereito e naqueles outros ámbitos necesarios para o asesoramento e defensa en xuízo
PÉREZ-LEMA é un despacho xurídico con vocación de resolver todo tipo de problemas legais dos consumidores e familias, das pequenas e medianas empresas, dos concellos e das entidades do terceiro sector.
Especializados nas reclamacións de dereito bancario, do consumidor e concursal (ampliación de capital do Banco Popular 2016, tarxetas revolving, produtos financeiros, insolvencia de empresas e familias, segunda oportunidade, etc) e reclamacións contra as Administracións Públicas (expropiacións, multas e sancións, emprego público, proxectos abusivos para a comunidade e medio ambiente, etc). Tamén asesoran en dereito laboral e resolven problemas de dereito civil e fiscal galego e estatal (herdanzas e partillas, pactos sucesorios, divorcios e liquidacións de patrimonios matrimoniais, etc).
PÉREZ-LEMA Avogados e Consultores conta con especialistas en todos os eidos do dereito e naqueles outros ámbitos necesarios para o asesoramento xurídico e defensa en xuízo (economía e empresa, enxeñaría, psicoloxía, traballo social, arquitectura, etc). Pode prestar os seus servizos en todo o Estado e Portugal, Reino Unido, Italia e, baixo determinadas circunstancias, en todos os estados da UE, Arxentina, Brasil e México.
Funcionan baixo un estrito control de calidade, e protección de datos persoais, e sempre baixo contrato de encarga profesional, que establecerá con claridade as nosas obrigas e as súas retribucións económicas.
Temas
Más en Empresas en A Coruna
-
“Sin mujeres rurales no hay soberanía alimentaria”
-
Las claves del proyecto de Ence para As Pontes: una bioplanta de reciclado de papel que no utiliza madera, con un consumo mínimo de agua y ubicada en suelo industrial
-
Vegalsa-Eroski, pionera en la lucha contra el desperdicio alimentario en Galicia
-
“Trablisa está preparada para dar servicios de seguridad allá donde cualquier empresa tenga necesidad”