PÉREZ-LEMA é un despacho xurídico con vocación de resolver todo tipo de problemas legais dos consumidores e familias, das pequenas e medianas empresas, dos concellos e das entidades do terceiro sector. 

Especializados nas reclamacións de dereito bancario, do consumidor e concursal (ampliación de capital do Banco Popular 2016, tarxetas revolving, produtos financeiros, insolvencia de empresas e familias, segunda oportunidade, etc) e reclamacións contra as Administracións Públicas (expropiacións, multas e sancións, emprego público, proxectos abusivos para a comunidade e medio ambiente, etc). Tamén asesoran en dereito laboral e resolven problemas de dereito civil e fiscal galego e estatal (herdanzas e partillas, pactos sucesorios, divorcios e liquidacións de patrimonios matrimoniais, etc).

Equipa de PÉREZ-LEMA Avogados e Consultores. Cedida por PÉREZ-LEMA/R.Calvo

PÉREZ-LEMA Avogados e Consultores conta con especialistas en todos os eidos do dereito e naqueles outros ámbitos necesarios para o asesoramento xurídico e defensa en xuízo (economía e empresa, enxeñaría, psicoloxía, traballo social, arquitectura, etc). Pode prestar os seus servizos en todo o Estado e Portugal, Reino Unido, Italia e, baixo determinadas circunstancias, en todos os estados da UE, Arxentina, Brasil e México. 

Funcionan baixo un estrito control de calidade, e protección de datos persoais, e sempre baixo contrato de encarga profesional, que establecerá con claridade as nosas obrigas e as súas retribucións económicas.